Quen somos

¿Quen somos?

Somos un grupo de veciñas/os con ilusión, que perante a posibilidade de poder decidir que Mugardos queremos nos vindeiros anos, damos un paso adiante para que se nos escoite e se teña en conta o noso proxecto. Contamos cun amplo grupo de traballo aberto, con xente de todas as parroquias para facer de ponte entre os nosos veciños e o Concello. A Iniciativa Cidadá de Mugardos é unha alianza de persoas, non de siglas, polo que non dependemos de intereses alleos ás nosas propias veciñas e veciños. Chegou a hora de que sexamos todos os cidadáns do municipio os que tomemos as rendas do noso pobo.

¿Que queremos?

Queremos que se nos escoite, participar na construcción do Mugardos do futuro. Queremos vivir nun pobo xestionado con transparencia, que as veciñas e veciños sexan tidos en conta cada día do ano, non cada catro anos. Queremos abrir as portas e as fiestras para que entre aire fresco no Concello e que entre todos fagamos de Mugardos un lugar do que sentirnos orgullosos.

¿Que ofrecemos?

Ofrecemos cercanía, compromiso coa veciñanza, capacidade humana para sacar todas as ideas adiante. Ofrecemos transparencia, traballo duro nun ambiente de cordialidade co resto de compañeiras/os políticas/os. Ofrecemos a posibilidade de que tódalas persoas de Mugardos poidan participar nas decisións importantes do noso Concello. Ofrecemos as nosas mans para traballar e os nosos oídos para escoitar.

LogoDocumentos
Share