Regulamento da Consulta Popular

Principios xerais

  • 1. Claridade: todo o proceso debe ser doadamente comprensible en tódalas súas fases.
  • 2. Transparencia: todo o proceso debe ser transparente. O proceso será aberto e toda a información será pública, garantindo en todo momento o cumprimento da Lei de Protección de Datos.
  • 3. Participación cidadá: garantirase que todo o poder decisorio recaia no voto de toda a cidadanía que queira participar no proceso.
  • 4. Radicalidade democrática: unha persoa, un voto.
  • 5. Participación xuvenil: favorecerase permitindo o voto a partires dos 16 anos.

1. Regulamento

  • 1. Condición de elector/a e censo electoral (Quen pode votar).
  • 1.1. Serán electoras tódalas persoas de 16 anos ou máis, de calquera nacionalidade, que asinasen públicamente o Manifesto da Iniciativa Cidadá de Mugardos e ademáis todas aquelas outras que o fagan ata o día 09 de xuño do 2015 de forma física (e dicir en papel) e que acrediten a súa residencia en Mugardos e non sexan membros doutra candidatura con participación nas actuais eleccións municipais.
  • 1.2. A condición de residente en Mugardos poderase acreditar mediante o DNI ou ben os documentos que defina a Coordinadora da Consulta Popular.
  • 1.3. A data de peche do censo será o 09/06/2015.

2. Coordinadora da Consulta Popular (Quen organiza o proceso electoral)

  • 2.1. É o órgano encargado de organizar a realización da consulta e velar polo cumprimento das normas de funcionamento aprobadas. Será elixido mediante asemblea.
  • 2.2. Estará formado por 7 persoas (tres por cada mesa e a presidencia).
  • 2.3. Funcións:
    • 2.3.1. Aprobar e proclamar o resultado da consulta.
    • 2.3.2. Resolver dúbidas, recursos e impugnacións que xurdan e decisións organizativas que sexan necesarias durante o proceso da consulta popular.

3. Procedemento electoral (Como se organiza o proceso de consulta: calendario, presentación e defensa de opcións, votacións e proclamación de resultados)

  • 3.1. As opcións sometidas á Consulta Popular serán as que determine a Coordinadora da Consulta Popular logo de finalizado o proceso de conversas coas demais organizacións políticas.
  • 3.2. Campaña de información:
    • 3.2.1. Informarase aos veciños de forma eficaz e veraz de maneira que poidan coñecerse os argumentos que defendan cada unha das opcións. Celebrarase acto público de debate e información das distintas opcións en data do día 10 de xuño de 2015.
  • 3.3. Votación:
    • 3.3.1. O día despois de finalizar a campaña de información procederase á Consulta Popular, que realizaráse nunha única xornada o día 11 de xuño do 2015.
    • 3.3.2. A votación será presencial, en mesas de votación, depositando o voto en urna selada. A coordinadora buscará a maneira de axeitar a votación delegada.
    • 3.3.3. Cada voto deberá ser introducido na urna dentro dun sobre, evitando así o voto múltiple.
    • 3.3.4. A Coordinadora da Consulta Popular habilitará dúas mesas electorais, unha en Mugardos e outra en Franza.
    • 3.3.5. O censo de persoas con dereito a voto repartirase entre as mesas de Mugardos e Franza en función da parroquia que declaren na sinatura do Manifesto (a mesa de Mugardos recollerá o censo da parroquia de Mugardos e Meá e a mesa de Franza recollerá o censo das parroquias de Franza/Seixo e San Xoán).
    • 3.3.6. A Coordinadora da Consulta Popular definirá o horario de apertura e peche das mesas electorais, que será publicado coa debida antelación.
  • 3.4. Escrutinio público e proclamación dos resultados.
  • 3.4.1. Unha vez finalizado o horario da votación, cada mesa fará o reconto de forma pública e encherá a acta correspondente.
  • 3.4.2. A persoa que presida a Coordinadora da Consulta Popular proclamará o resultado da consulta, que se fará pública en redes sociais e medios de comunicación.

4. Sistema electoral (Que se elixe e como se decide)

  • 4.1. A opción gañadora da Consulta Popular deberá contar como mínimo cos votos a favor da metade máis un dos votos válidos emitidos.
  • 4.2. No caso de existir máis de dúas opcións e unha delas non acadar a metade máis un dos votos válidos emitidos a Coordinadora da Consulta Popular convocará unha segunda xornada de votación ao día seguinte.
  • 4.3. Na segunda xornada de votación só serán sometidas a consulta as dúas opcións con máis votos da primeira xornada.
  • 4.4. No caso de empate entre as dúas opcións finalistas o resultado decidirano os 16 membros da candidatura de ICM no mesmo día do reconto. En caso de continuar ainda o empate decidirá o voto de calidade do candidato á Alcaldía.

LogoDocumentos

Share