Grupos de traballo

  O noso interese é dinamizar o proxecto en grupos de traballo, totalmente autónomos de maneira que sexan capaces de funcionar e tomar decisións precisas dentro das súas competencias.

  Nun marco de organización pódense definir as competencias do seguinte xeito:

Grupo de Traballo de Organización:

          Defínense as súas tarefas nas seguintes: Redacción de orde do día e posteriores actas, moderación das asambleas e dinamismo. Mediante a figura do moderador manterase un debate constructivo en todo momento, respectando as quendas de palabra e a orde do día. Tamén se ocupan da convocatoria de actos e asambleas e a regularización interna da Iniciativa.

          Email: organizacion@iniciativacidadademugardos.org

Grupo de Traballo de Comunicación:

          É o grupo encargado da publicidade e imaxe da iniciativa, a súa labor debe centrarse na redacción de notas de prensa, xestión e moderación dos perfís das redes sociais e páxina web. Tamén se encargan de deseñar e planificar os carteis para os actos e calquera outro tipo de panfleto que se precisase.

          Email: comunicacion@iniciativacidadademugardos.org

Grupo de Traballo de Loxística:

          Son os que se ocupan da busca de local para as reunións e asambleas que estean programadas. Ademais deberán xestionar o traslado de material que sexa preciso para os actos e asambleas. Outra das súas funcións é a repartición de carteis e panfletos.

          Email: loxistica@iniciativacidadademugardos.org

Grupo de Traballo de Relacións Veciñais:

          A súa tarefa céntrase en transmitir as bases polas que se rexe o manifesto da Iniciatica ás asociacións de veciños e colectivos, de tal maneira que sexan os encargados de organizar posibles reunións cos devanditos colectivos ou asociacións.

          Email: r.vecinhos@iniciativacidadademugardos.org

Grupo de Traballo de Tesourería:

          As súas competencias céntranse na busca de fontes de financiamento, así como a publicidade, control e publicación periódica das contas da Iniciativa.

          Email: tesoureria@iniciativacidadademugardos.org

  Estás competencias son uns principios básicos para o bo funcionamiento de Iniciativa, de tal maneira que todos saibamos cal é a nosa función e poidámola desempeñar do mellor xeito.

Share