Doazóns

Para colaborar a cubrir os gastos de Iniciativa Cidadá de Mugardos pode facer unha transferencia ou ingreso na seguinte conta de Abanca.

IBAN: ES52 2080 0205 7830 0008 2834
Titular: Iniciativa Cidadá de Mugardos CIF: G70449962

O tope máximo para as doazóns é de 500€, como se estableceu na asemblea aberta do 5 de maio.

Rogamos faciliten nome, apelidos e DNI a hora de facer a achega.

Según a lei en vigor poden facer doazóns as persoas físicas que non se atopen en exercicio dunha actividade económica ou profesional que sexan parte dun contrato vixente dos previstos na lexislación de contratos do sector público (Lei Orgánica 8/2007, do 4 de xullo, sobre financiamento dos partidos políticos.).

A campaña de doazóns

A campaña de doazóns faise para non ter que deber ás entidades bancarias e así poder ter unha autonomía total.

Hai tres formas coas que un partido político pode sufragar os seus gastos:

  1. Coa axuda de subvencións públicas segundo resultados electorais.
  2. Mediante créditos bancarios.
  3. Con fondos ordinarios do partido.

As subvencións electorais chegan pasados 5 ou 6 meses das eleccións, por iso hai partidos que soen recorrer a outras formas de financiamento, coma, por exemplo, os créditos bancarios. ICM renuncia a pedir créditos bancarios para poder ter unha independencia política total das entidades. Esta decisión lévanos a pedir a participación cidadá xa que QUEREMOS QUE A NOSA LEALTADE ESTÉ COA XENTE E NON COS BANCOS.

Balance dos anteriores exercicios

Actualización: Resumo das contas do exercicio 2016.

Actualización: Resumo das contas do exercicio 2015.

Preguntas frecuentes

  • ¿Quen pode facer unha doazón?
    Só persoas físicas. Non aceptamos doazóns de asociacións nin de empresas de ningún tipo.
  • ¿Qué cantidade pódese doar?
    A que queiras ata un máximo de 500 euros por persoa (tope establecido na asemblea aberta do día 5 de maio)
  • ¿Por que pedides o DNI?
    A Lei de Financiamento de Partidos Políticos obriga a rexistrar -para evitar doazóns opacas das que non se coñeza o autor a identificación da persoa doante. Esta normativa, so para a transparencia das contas dos partidos, fai que pidamos o nome completo e o DNI de quen fai o donativo.
  • ¿Poderemos ver en que gastastes o diñeiro?
    Por suposto. A nosa sinal de identidade é a transparencia. Todos os datos da contabilidade serán publicados, tanto os ingresos (doazóns) coma os gastos. Colgarase na nosa web a cantidade total das doazóns (intentarase actualizala diariamente) e os gastos da campaña (cando remate esta).
  • ¿Qué fago se teño algunha dúbida?
    Se tes algunha dúbida podes escribirnos a: iniciativacidadademugardos@gmail.com
  • Share