Manifesto

Existe un desexo de profundo cambio social, incubado durante anos con antecedentes nas políticas alternativas xurdidas en Porto Alegre, e que tivo no noso país o seu primeiro estoupido hai 4 anos no 15M e hoxe co nacemento de novas formas de estructuar a participación política da sociedade. En Mugardos somos tamén moita xente que desexa dar ese paso histórico en prol de novas formas de facer política que, temos o convencemento, serán as que rexan o futuro.

 

É por iso que:

  1. Queremos recuperar un clima de convivencia política e veciñal. O enfrontamento partidario sistemático xera estigamas e desinterese nas persoas sobre a implicación na vida política e desacredita os/as representantes públicos. É imprescindible inverter esta situación tendendo pontes en lugar de cavar trincheiras.
  2. Queremos asentar a transmisión do coñecemento das persoas que ocupen cargos públicos e a limitación temporal destes cargos para garantir a incorporación e renovación continua, en especial das xeracións máis novas. É importante unha formación continua e interna no Concello, pero tamén é importante que os cargos conten con capacidades e aptitudes para o desempeño das súas funcións.
  3. Queremos pór o Concello oa servizo do intereses e necesidades das veciñas/os, que os servizos públicos sexan xestionados dunha forma eficaz, e proporcionar ferramentas funcionais de xestión administrativa que permitan a axilización de procedementos e se garanta o mesmo trato a toda a cidadanía.
  4. Queremos acabar cos enchufismo, amiguismos e co clientelismo no ámbito público. O Concello non pode ser lugar para pedir favores, senón para reclamar os nosos dereitos.
  5. Queremos fomentar o emprego de recursos humanos e técnicos máis sostibles ambiental e economicamente, como a tecnoloxía e software libre de restricións legais e económicas, así como publicar con licencias que permitan o uso e realización de traballos derivados sobre os datos elaborados con diñeiro público, de forma que sexan accesibles e poidan ser empregados por tódolos cidadáns.
  6. Queremos fomentar o asocialismo tanto político como veciñal, cultura ou deportivo no nos municipio, fomentando a participación cidadá nestes eidos.
  7. Queremos establecer mecanismos de supervisión e control dos representantes políticos, e dar un paso firme cara unha democracia participativa, onde as decisións estratéxicas sexan referendadas ou tomadas pola veciñanza, e que esta dispoña de órganos de representación individual e colectiva con poder vinculante para o goberno municipal.
  8. Queremos construír, tamén desde o Concello, modelos de desenvolvemento sostible en termos sociais e ambientais.
  9. O patrimonio cultural, artístico e lingüístico forman parte do ben común e a institución municipal debe velar pola súa conservación e posta en valor, impulsando políticas potenciadoras da cultura.
  10. Queremos un Concello que marque o futuro tanto da Vila como das parroquias en igualdade de oportunidaddes. Derrumbar os muros que separan o núcleo urbano dos núcleos que compoñen o municipio dende A Redonda ata San Xoán.
Asinar o manifesto

Asinantes do manifesto

Documentos:

 

LogoDocumentos
Share