Acta da asemblea do día 18 de xuño do 2015

Na asamblea celebrada con esta data e de acordó coa orde do día tratáronse os seguintes temas:

Previo o comenzó da asamblea Tomás propón invertir os puntos 1 e 2 da orde do día para tratar o punto 2 no primeiro lugar e o 1 despois.

Sometida esta proposta a votación, rexeitase por 16 votos en contra e 10 a favor.

  • Punto 1.1 Composición da Coordinadora Xeral (que terá un carácter transitorio).

    Estará composta por:

    • 1 Responsable de Tesourería.
    • 1 Coordinador Xeral (Proponse ao cabeza de lista).
    • 1 Responsable de Relacións Políticas.
    • 1 Vicecoordinador de Participación.
    • 1 Responsable de Comunicación.

    Preséntanse @s seguintes voluntari@s: Cesar, Juan Santiago, Iván, Amparo, Mariola, Jose, e Gabriela.
    Son aceptados por unanimidade.

    Esta Comisión formarase coa función e capacidade de coordinación e decisión e a de redactar os estatutos, e como xa se dixo ten un carácter transitorio. Unha vez redactados os Estatutos someteránse en asamblea xeral na 2ª quincena de setembro, coas modificacións pertinentes (no caso de habelas), antes da sua aprobación definitiva.

  • Punto 1.2 Composición do Consello Local. Estará formado polos tres candidatos de I.C.M. que sairon concellais nas derradeiras eleccións municipais mais o grupo que forma a Coordinadora Xeral.
  • Punto 2, valoración da situación política.

    Neste punto fíxose un debate entre parte dos asistentes a asamblea que aportaron a sua visión e análise do acontecido nas urnas e que interviron por orde de ter pedida a palabra.

    Javier, Luz Marina, Aída, Miguel (gemelo), Cesar, Javier, Paula, Chose, Gabriela, Iván, Jose, Amparo, Miguel (gemelo), Poche, Cesar, Angel, Paula, e Javier.

  • Share