Petición ó Concello de pagar a cuantía do convenio co Club do Mar e Galicia de Mugardos

Tras manter reunións cos presidentes do Club do Mar de Mugardos e da S.D.C. Galicia de Mugardos, na que se confirmou que aínda non foran recibidas as cantidades estipuladas nos correspondentes convenios establecidos entre o Concello de Mugardos e ditas entidades, ICM entregou onte (30/07/2015) no Concello un escrito no que se insta a este a facer efectiva estas cantidades económicas.

club_galicia

Segúndo o convenio firmado por ambas entidades o 50% da cuantía establecida en dito convenio debería facerse efectiva no momento da firma deste, é dicir o 11 de xuño de 2015, mentras que o outro 50% sería feito efectivo ó xustificar as actividades cubertas no obxecto do convenio.

Ante esta situación os dous clubs deportivos atópanse en situación económica precaria ó ter que facer fronte os gastos derivados da súa actividade deportiva sen os cartos comprometidos polo Concello de Mugardos.

Share