Acta da asemblea do 30 de maio

De acordo coa convocatoria de asemblea para o presente día, 30 de maio de 2015, e que ten a seguinte orde do día:

  1. Adaptación do punto 2.4 do código ético.
  2. Aprobación do regulamento da consulta popular.
  3. Rogos e preguntas.

E no desenrolo da mesma, chegáronse os seguintes acordos:

  1. No referente o punto un e despois de ter leído o punto 2.4 do código ético, acórdase engadir a este punto o seguinte: ” podendo utilizar a banca tradicional para pequenos movementos de cartos”.
    Este engadido xustifícase na necesidade de evitar molestias de desplazamentos a entidades situadas en concellos limítrofes coa intención de evitar pagos de comisións bancarias.
  2. No referente a aprobación do regulamento de consulta popular, e despois de un intenso debate con diversas propostas, acordase reducilo as seguintes opción:
    • A- Utilizar únicamente o censo de primarias, que acadou…………………………………6 votos a F.
    • B- Utilizar censo de participación asinado físicamente (papel), que acadou………………………………….18 votos a F.
    • C- Utilizar censo de participación asinado físicamente ou na web, que acadou……………………….20 votos a F.

    Facendo una segunda volta da votación, xa que ninguna das propostas alcanzara a metade máis un dos votos, e reducíndo as duas propostas máis votadas B e C.
    Dando o seguinte resultado:

    • Proposta B………………………21 votos a F.
    • Proposta C………………. 20 votos a F.

    Quedando aprobada a opción B, que ven a resumirse así:

    Poderán participar na votación todas aquelas persoas que xa tiveran asinadoo manifestó e ademáis todas aquelas outras que o fagan ata o día 09 de xuño do 2015 de forma física, e decir en papel.

    Tamén acordase neste mesmo punto a exclusión explícita da capacidade de votar a toda-las persoas que sexan menbros de outras candidaturas con participación nas derradeiras eleccións municipais (referindose estas as celebradas o día 25 de Maio do 2015.

  3. Ellimínase asimismo a derradeira liña do punto 2 (coordinadora da consulta popular) que dí: “2.3.3 nomear os membros das mesas de votación”.
  4. Proponse tamén que para formar a coordinadora se presenten voluntarios. A esta proposta se presentan os seguintes voluntarios: Gracia, Rosalía, Picu, Vanesa, Salvador Castro, Tomás e Jacinto. os cales son aprobados por unanimidade.
  5. No referente o Procedemento electoral o punto 3.2.1 queda como segue: Informarase aos vecinos de forma eficaz e veraz de maneira que poidan coñecerse os argumentos que defendan cada una das opciós en acto público de debate e información das distintas opcións en data do día 10 de xuño de 2015.
  6. No punto 3.3.1 engadese ó final:” o día 11 de xuño do 2015.
  7. E por último engadese no punto 3.3.2 o final o seguinte:” a coordinadora buscará a maneira de axeitar a votación delegada”.

Documento: Regulamento da consulta popular.

Share