Acta da asemblea do 5 maio

De acordo coa convocatoria de asemblea para o presente día, 5 de maio de 2015, e que ten a seguinte orde do día:

  1. Aprobación das modificacións na candidatura para axeitala a lei de paridade.
  2. Cambios dos administradores.
  3. Límite dos donativos.
  4. Aprobación do programa.
  5. Rogos e preguntas.

E no desenrolo da mesma chegouse os seguintes acordos.

  1. No referente o punto un acordase por unanimidade intercambiar a orde dos postos entre Sandra e Miguel, pasando Miguel do posto 13 o 14 e Sandra do 14 o 13.
  2. No referente o punto dous acordase por unanimidade de que a proposta de que Picu quede como administradora e Doro sexa suplente.
  3. No punto terceiro referente os donativos ou aportacións económicas voluntarias máximas hay tres propostas, a saber:
    • Máximo de 150 euros que acada …………….2 votos a F.
    • Máximo de 500 euros que acada…………….12 votos a F.
    • Máximo de 1000 euros que acada …………..5 votos a F.

    Aprobando un límite máximo de donativo de 500 euros.

  4. No referente a aprobación do programa e tra-lo debate das modificacións e engadir tres ideas novas, aprobase por unanimidade.
  5. No que atinxe o derradeirio punto do día, en rogos en preguntas, proponse achegar as outras forzas concurrentes as vindeiras eleccións municipais o facer un debate a seis bandas no salón de actos do noso concello con 10 representantes por grupo.
    Este debate tería como moderador un periodista de consenso. Esta proposta queda aprobada por unanimidade.
Share