Xornada de programa aberto

XornadaProgramaAberto

O próximo sábado 25 de abril as 18.00 h. realizaremos no Centro Cívico de Mugardos unha Xornada para o coñecemento, debate e posta en común da proposta municipal da Iniciativa Cidadá de Mugardos.

Na primeira parte do acto contaremos coa candidata á Alcaldía por Ames Novo, Pilar Candocia. Ames Novo, xunto con Iniciativa Cidadá de Mugardos, realizou un dos procesos de primarias de máis alta participación de Galicia e conta con serias opcións de acadar o apoio maioritario da poboación.

Na segunda parte catro especialistas en distintas áreas exporán as liñas básicas de actuación á hora de afrontar un goberno municipal.

Os participantes serán os seguintes:

Candidaturas cidadás

  • Pilar Candocia – Candidata á Alcadía de Ames pola Inicicativa Cidadá Ames Novo.
  • Javier García Dieste – Candidato a Alcadía de Mugardos pola Iniciativa Cidadá de Mugardos.

Especialistas en áreas temáticas

  • Concha Fernández – Servizos Sociais e Integración.
  • Benedito Álvarez – Economista.
  • Santos Lorenzo – Politólogo experto en xestión local.
  • Carlos Neira – Economista e analista sociopolítico.

Documento: cartel en PDF.

Share