Acta da asamblea do 14 de abril

Lista candidatos completa

Reunidos en asemblea o día 14/04/2015 no Centro Cívico de Mugardos as 20:00 h. tratouse a seguinte orde do día:

  1. Remate da lista de candidatos (tema pendente: suplentes).
  2. Nomeamento de representante e promotor.
  3. Creación da tesourería e decisión do aporte como cota ou achega voluntaria.
  4. Tema do local social para a agrupación.
  5. Organización dunha comida para o día 18 do presente mes.
  6. Rogos e preguntas.

De acordo ca orde do día no desenrolo da aeamblea tomáronse os seguintes acordos:

  1. Con respecto ó punto 1 propóñense os seguintes candidatos:
    • Sandra Plana Fernández.
    • Rosalía García Rey.
    • Bruno García Monteagudo.
    • Juán Luís Iglesias.

    Despois da votación entre os alí presentes acordase que por motivos de paridade nas listas, poñer a Sandra Plana Fernández e a Rosalía García Rey
    nos dous primeiros postos da suplencia. A este acordo chégase co resultado tras votación de 14 votos a favor e 0 votos en contra. Seguindo co tema da candidatura acordase como terceiro suplente a Bruno García Monteagudo por 8 votos a favor, sacando Juan Luis Iglesias 0 votos a favor e habendo 5 a abstencións.

  2. Con respecto ó Punto 2, e tras preguntar quenes se presentan como voluntarios para desenrolar os cargos de representante e promotor e como soamente
    presentanse Miguel Ángel Bastida Martínez e José Antonio Cortízas Vázquez quedan nomeados por unanimidade.

  3. Con respecto ó Punto 3, propóñense para ocupar os cargos de Tesourería os seguintes: María Gracia Martínez Moreno, Vanesa Varela e Javier García
    Dieste, quedando todos eles elixidos por unanimidade.

    Así mesmo acórdase por unanimidade o nutrir as arcas a través de achegas voluntarias, e, que os encargados da Tesourería operen (namentres non rematen as xestións de busca e elección dunha entidade de banca ética) para poder facer as xestións físicas con algunha das entidades que operan no pobo, para elo será preciso que abran una conta para os mínimos na entidade que nos sexa máis favorable.

  4. Con respecto ó Punto 4 referente a local social informase de que púxose a nosa a disposición un local social provisional e por tanto aprázase a busca
    de local definitivo ata saber das dispoñibilidades económicas.

    Se remarca como obxectivo prioritario a consecución de local social definitivo tan pronto as condicións económicas o permitan.

  5. Con respecto ó Punto 5 acordase aprazar o tema da comida.

  6. Con respecto ó Punto 6 (rogos e preguntas) Cesar propón denunciar ante a Xunta Electoral o acto referente a presentación do libro sobre a Festa do Polbo por creer que pode incumprir a normativa electoral no referente a inauguracións. Despois de sometelo a votación, desestimase co seguinte resultado: votos a favor 2, votos en contra 3, abstencións 6.

Share