Acta da asamblea do 5 de marzo

ACTA DA ASEMBLEA CELABRADA O DÍA 5/03/2015

ORDE DO DÍA:

1º Aprobación do punto 3.3, que quedou pendente, do Código Ético.

2º Elección da forma xurídicas.

3º Elección do Regulamento de Primarias.

4º Calendario.

5º Accions a acometer na próxima asemblea.

6º Rogos e preguntas.

Nº de asistentes: 30

Primeiramente e ante a asistencia de novas persoas que non viñeron a derradeira xuntanza,facilitóuselles información previa e púxoselles en antecedentes.

RESOLUCIÓNS:

1ª Con respecto a inclusión do tema da remuneración dos cargos electos (alcalde, concelleiros…) no Código Ético, e despois de sometelo a votación, quedou como sigue:

Votos a favor…………………………………………5

Votos en contra…………………………………….19

Abstencións………………………………………….3

2ªElección da forma xurídica.

Partido Político Local…………………………….Se desestima por non poder cumprir os prazo

Partido Político Instrumental………………..0 votos a favor

Agrupación de Electores……………………….25 votos a favor, 0 en contra e 3 abstencións

3ª Elección do Regulamento de Primarias.

Apartado A, referente os Principios Xerais.

Se desestima o punto 6.1 e aprobase o punto 6.2 con 25 votos a favor e 4 abstencións.

Apartado B, referente a Liñas Xerais (condición de elector).

Suprímese o último punto do Artigo. A continuación vótanse as dúas opcións, quedando como sigue:

Opción 1……………………………………………….0 votos a favor.

Opción 2 ………………………………………………23 votos a favor e 5 en contra.

Apartado C, referente a condición de elixible.

Apróbase como está con 27 votos a favor e 0 en contra.

Tras votación con un resultado de 19 votos a favor, 4 abstencións e 4 en contra, inclúese a necesidade de presentar un mínimo de 5 avales, con firma e fotocopia do D.N.I.

Apartado D, referente a Coordinadora de Primarias.

Apróbase por 27 votos a favor e 0 en contra.

Modifícase o número de persoas que formarán a Coordinadora poñendo un mínimo de tres compoñentes.

Apartado E, referente o Procedemento Electoral.

Logo de discutir o sistema de votación e facendo constar que somentes será posible o voto en urna, apróbase por 24 votos a favor e 2 abstencións.

Apartado F, referente o Sistema Electoral.

As catro opcións que se postulan quedan da seguinte maneira:

Opción 1 (votar a un só candidato)……….0 votos

Opción 2 (método Dowdall)…………………..0 votos

Opción 3 (método Borda)……………………..0 votos

Opción 4 (método Neira)………………………17 votos a favor e 5 abstencións.

Asimesmo cuestionase o número de candidatos que poderá votar cada elector xa que se contemplan dúas posibilidades, de un lado que sexan sete como mínimo e de outro que sexan dez; despois da votación aprobouse un mínimo de sete con 14 votos, quedando a opción de dez con 5 votos e 3 abstencións.

Acordase tamén que no caso de non acadar o mínimo de sete candidatos, sacaríase unha lista alternativa de forma asemblearia a man alzada.

Este último punto aprobase por 24 votos a favor.

Por último preséntanse como voluntarios pra ser Coordinadores de Primarias: Tomás e mais Picu ,e queda por cubrir un posto máis pra completar o grupo.

4ª Calendario.

Neste punto acordase que as datas do calendario as poñerá o grupo de Organización, e pasaránselle a Coordinadora de Primarias.

5ª Accións a acometer na próxima asemblea:

– Aprobación da presente acta.

– Eleccións das persoas para os distintos grupos de traballo.

– Firma por parte de todos nós da aceptación do Código Ético e do Manifesto.

En Mugardos a 5 de Marzo do 2015.

Share