Acta da Asamblea Xeral do día 12 de maio de 2016

[O contido desta acta está pendente de aprobación na vindeira asemblea].

Sendo as 20:00 h do día 12 de maio de 2016 damos comezo a Asamblea Xeral de ICM co seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  2. Aprobación se procede das solicitudes de afiliación.
  3. GES. Información da situación actual e futura.
  4. REGANOSA. Información da xuntanza dos Grupos Municipais coa A.VV. “O Cruceiro de
    Meá”.
  5. Programación do acto público de rendición de contas.
  6. Rogos e preguntas.

Comezamos coa lectura do acta anterior e apróbase por unanimidade, cunha corrección no apartado de Rogos e Preguntas.

Aprobación por unanimidade a afiliación de XXXXXXXXXXXXXXX.

Infórmase por parte dos nosos concelleiros da situación do GES, dando conta do posicionamento do goberno municipal e da prorroga dos contratos do actual persoal dende decembro 2015 aínda cando o convenio está sen renovar e tendo un informe da Intervención desfavorable. Fálase da problemática que implicaría manter os contratos de traballo por máis de tres anos, e tamén do gasto que supón ó Concello este servizo e das aportacións da Xunta e a Diputación que resultan claramente insuficientes.

Infórmase tamén da xuntanza mantida coa Asociación de Veciños do Cruceiro de Meá cos Grupos Municipais, das sentencias do Tribunal Supremo anulando a autorización Administrativa previa a instalación da planta, e das resolucións relativas ó proxecto de execución da mesma. Como non pode ser doutra forma nesa xuntanza a posición da ICM definiuse de respecto absoluto da legalidade, asi como que as suas decisións respecto de actuacións futuras serán as que refrende sempre a sua Asemblea Xeral dacordo cos seus principios e liña política de servizo á sociedade e os seus valores de reinvindicación do activismo e a a ética.

En relación á programación do acto público de rendición de contas, hai que recordar que o 24 de maio fai un ano das eleccións, polo que acordamos facer un acto de rendición de contas do que se levou a cabo neste ano de traxecto. A data probable será o 3 de xuño, e o primeiro lugar de presentación o Casino de Franza.

Sen máis levántase a sesión sendo as 21:45 hh.

Share