Acta da Asamblea Xeral do día 7 de abril de 2016

Sendo as 20:00 h do día 7 de abril de 2016 damos comezo a Asamblea Xeral de ICM co seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación da acta anterior.
  2. Xuntanza das Mareas en Común:
    1. Aprobación dos principios básicos.
    2. Participación no proceso.
  3. 3. Incorporación de membros á Coordinadora Xeral.
  4. 4. Información sobre afiliación.
  5. 5. Rogos e preguntas.

Comezamos coa lectura do acta anterior e apróbase por unanimidade.

Para o punto da Xuntanza das Mareas en Común, lemos os principios básicos e despois de deliberar sobre eles os aprobamos por maioría (9 votos a favor e 1 abstención) cunha modificación:

  • No punto 4 engadir: “o dereito á conciliación da vida familiar e laboral”.

En canto á incorporación de membros á Coordinadora Xeral esta Coordinadora ten que dar conta, por defecto de forma, da invalidez do nomeamento como membro da mesma de XXXXXXXXXXX por non ter asinado no momento da súa candidatura nin o manifesto ni o código ético.

Cremos que é tirar pedras ao noso tellado rexeitar á xente que quere colaborar, polo que queremos deixar aberto un procedemento de incorporación á Coordinadora mentres non se chegue ao tope máximo establecido de membros (11). É polo que, por un lado engadimos no procedemento de elección do artigo 17 do regulamento de organización o acordo aprobado na Asamblea Xeral do 24 de febreiro de 2016,
referente ao período de mandato da Coordinadora Xeral que quedaría redactado:

ñ) A Coordinadora Xeral elixida terá un período de mandato de 2 anos
dende a asamblea en que resulten nomeados os seus membros.

E por outro lado propomos unha nova letra o) que quedaría redactada como segue:

o) Durante o período de mandato de 2 anos e sempre que o número
máximo de membros da Coordinadora non estea cuberto, aceptaranse 
solicitudes de membros á mesma, que previa aceptación por 
unanimidade deste órgano, deberán ser aprobadas pola Asamblea 
Xeral á proposta da Coordinadora Xeral.

Este punto queda aprobado por unanimidade.

No punto de información sobre afiliación dicir que haberá que poñer na orde do día da seguinte Asamblea: “votación para a aprobación das posibles solicitudes de afiliación a ICM”. Tamén haberá que modificar o impreso, para aquelas persoas que no habían asinado o Manifesto nin o Código Ético con anterioridade, engadindo unha casiña onde se poida marcar que se está de acordo co Manifesto e co Código Ético.

En canto ao punto de rogos e preguntas se nos plantexan varias cuestións:

  1. Problema de cheiros na estación de bombeo de Rilo.
    • Logo de facer varias reclamacións de palabra ao goberno anterior por parte dos veciños e non ter resposta, agora fíxose unha reclamación por escrito, presentándoa no rexistro do Concello,por culpa desta problemática, e non se respondeu no prazo establecido, entón levouse este tema a varias comisións, desta área, e tamén no pleno do día 26 de marzo de 2016, sen obter tampouco resposta.
    • Tras asesorarnos cunha empresa especializada ICM chega a seguinte conclusión: o mantemento da instalación podería non ser o apropiado.
    • Un parlamentario (de ANOVA, Antón Sánchez) comprometeuse a levar este problema ao parlamento de Galicia para poder darlle unha solución.
  2. Realización do 1o Boletín de ICM.
    • * Voluntarios para a redacción do 1o boletín: A Coordinadora.
  3. ¿Que pasa coa subvención do Concello?
    • Na comisión de hoxe (7 de abril) preguntouse por ese tema e responderon que o partido do goberno (PP) xa cobrou, e que o resto dos partidos non o fixeron porque seguramente non presentaron a documentación necesaria, cando iso non é certo.

Sen máis levántase a sesión sendo as 21:50 h.

Share