Acta da Asamblea Xeral do día 24 de febreiro de 2016

Sendo as 20:00 h do día 24 de febreiro de 2016 damos comezo a Asamblea Xeral de ICM co seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación da acta anterior.
  2. Informe de situación.
  3. Sé.
  4. Coordinadora.
  5. Grupos de traballo.
  6. Rogos e preguntas.

Comezamos coa lectura do acta anterior e apróbase por unanimidade.

En canto ao informe de situación, os nosos concelleiros infórmannos dos diferentes encontros que tiveron coas Mareas e tamén do seu traballo no concello.

En relación ao aluguer dunha sé para ICM, infórmase que estivo parada porque facía falla xestionar un novo CIF a nome do Grupo Municipal, para poder incluílo na xustificación da subvención que da o Concello por cada concelleiro. Infórmase tamén que para pagar o aluguer, ademais da subvención do Concello que ascende a 2.800 € ao ano, tamén contamos co que aportan os concelleiros que ven sendo uns 300 € ao mes. Do aluguer da sé ocuparase a nova Coordinadora Xeral.

En canto á convocatoria da elección dunha nova Coordinadora Xeral, o primeiro paso é a votación por parte da Asamblea da disolución da Coordinadora en funcións, e quedou disolta por unanimidade. Dáse conta de que ábrese o procedemento de elección dos membros da Coordinadora Xeral, e darase publicidade para a presentación de candidatos. Faranse uns impresos para poder presentarse para Coordinador Xeral e para Vogais, para
firmar polos interesados que poranse en contacto cos concelleiros de ICM. O prazo para a presentación de candidaturas vai dende o 1 ata o 7 de marzo, ambos inclusive.

A data da próxima Asamblea quedou fixada para o 9 de marzo.

Infórmase que na Asamblea de elección dos candidatos, ao non haber libro de afiliación, terán dereito a voto os asinantes do manifesto ata o 1 de abril de 2015, os membros da candidatura, os membros da Coordinadora en funcións e os doantes ata o 24 de agosto de 2015.

En canto aos grupos de traballo acórdase que transitoriamente se fagan 3 grupos de traballo, para poder apoiar a cada un dos concelleiros nas súas comisións, e facer ademais un grupo de comunicación para que entre outras funcións faga un boletín cada trimestre. Tamén facer reunións cos veciños das diferentes parroquias, e polo menos facer unha vez ao ano un porta a porta.

No punto de rogos e preguntas, plantéxannos a cuestión de como se decide a posición do Grupo Municipal no pleno coas mocións que se presentan e infórmase de que polo de agora faise de común acordo dos 3 concelleiros e as veces nas diferentes xuntanzas que se teñen cos grupos de traballo que nestes momentos están activos, pero infórmase de que estudaranse para o futuro outras opcións.

Sen máis levántase a sesión sendo as 22:00 h.

Share