Iniciativa Cidadá de Mugardos asina os Principios Básicos das Mareas En Común

Iniciativa Cidadá de Mugardos / Mareas

A asemblea da Iniciativa Cidadá de Mugardos acordou asinar os Principios Básicos das Mareas en Común, e apostar por un modelo de confluencia construído desde abaixo, no que teñan cabida todas as forzas do cambio e no que se exerza a radicalidade democrática. Por iso, participaremos na Marea Viva que, o vindeiro 7 de maio, iniciará os traballos para conseguir a unión das persoas, partidos, organizacións e movementos que desexen levar ás institucións galegas unhas políticas pensadas para a xente.

Iniciativa Cidadá de Mugardos traballa nas Mareas en Común, un proceso formado por iniciativas municipalistas das catro provincias galegas, que ten como obxectivo facilitar a construción dunha alternativa de cambio con posibilidades reais de gañar as próximas eleccións autonómicas, con forza e ilusión para devolverlle as institucións do país á xente común.

Así, cun protocolo de traballo no que todas teñen voz, a Marea Viva estará aberta a todas as persoas que asinen os Principios Básicos das Mareas en Común. Servirá para deseñar un proceso de primarias, un código ético para os cargos electos, un modelo organizativo e unha forma de goberno.

Os Principios Básicos de Mareas en Común son unha proposta que condensa os fíos de unión entre as forzas do cambio. Calquera persoa ou organización que se sinta representada neles pode asinalos a través da web:

http://mareasencomun.gal/principios/

Desde a ICM sumámonos a este proceso porque é tempo de que a xente común ocupe o espazo que lle corresponde na política institucional, porque abonda de gobernar para as contas de resultados das grandes empresas, porque é hora de traballar con honestidade para deter a privatización da sanidade e o deterioro da educación pública. É o momento de avanzar en común, polo que animamos á cidadanía a implicarse e asinar estes Principios Básicos.

Share

Acta da Asamblea Xeral do día 9 de marzo de 2016

Sendo as 20:00 h do día 9 de marzo de 2016 damos comezo a Asamblea Xeral de ICM co seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación da acta anterior.
  2. Elección da Coordinadora Xeral.
  3. Rogos e preguntas.

Comezamos coa lectura do acta anterior e apróbase por unanimidade.

Para a elección da Coordinadora infórmase de que para Coordinador Xeral só presentouse un Candidato Miguel Díaz Vilar, e aprobouse a súa candidatura por maioría.

Para os postos de Vogais presentáronse:

  • Alberto Lozano Cortes.
  • Elisa Morgade Carnero.
  • Sandra Plana Fernández.
  • Cristina Alonso Tizón.
  • Ángel Pena Fontenla.
  • Miguel Bastida Martínez.
  • Rosalía García Rey.

apróbanse estes cargos por unanimidade.

No punto de rogos e preguntas non se plantexou ningunha pregunta.

Sen máis levántase a sesión sendo as 21:00 h.

Share

Acta da Asamblea Xeral do día 24 de febreiro de 2016

Sendo as 20:00 h do día 24 de febreiro de 2016 damos comezo a Asamblea Xeral de ICM co seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación da acta anterior.
  2. Informe de situación.
  3. Sé.
  4. Coordinadora.
  5. Grupos de traballo.
  6. Rogos e preguntas.

Comezamos coa lectura do acta anterior e apróbase por unanimidade.

En canto ao informe de situación, os nosos concelleiros infórmannos dos diferentes encontros que tiveron coas Mareas e tamén do seu traballo no concello.

En relación ao aluguer dunha sé para ICM, infórmase que estivo parada porque facía falla xestionar un novo CIF a nome do Grupo Municipal, para poder incluílo na xustificación da subvención que da o Concello por cada concelleiro. Infórmase tamén que para pagar o aluguer, ademais da subvención do Concello que ascende a 2.800 € ao ano, tamén contamos co que aportan os concelleiros que ven sendo uns 300 € ao mes. Do aluguer da sé ocuparase a nova Coordinadora Xeral.

Sigue lendo

Share

Acta da asemblea do día 16 de decembro de 2015

Sendo as 20:30 h do día 16 de decembro de 2015 damos comezo a Asamblea Xeral de ICM co seguinte orde do día:

  1. Aprobación da acta anterior.
  2. Aprobación do calendario para a renovación da Coordinadora Xeral en funcións.
  3. Aluguer da sé de ICM.
  4. Rogos e preguntas.

Antes de comezar coa orde do día pide a palabra Javier García Dieste, e nos informa da súa renuncia como número 1 de Iniciativa Cidadá de Mugardos, abandonando acto seguido a asamblea Javier e parte dos asistentes.

O resto dos alí presentes deciden despois de moito deliberar seguir adiante co programa e acorda buscar un local para destinalo como sé de ICM.

Vendo que alargouse moito a asamblea, decídese que o punto de aprobación do calendario para a renovación da coordinadora xeral queda posposto para a seguinte asamblea.

Sen máis levántase a sesión sendo as 22:30 h.

Share

Apertura do procedemento de afiliación

En cumprimento do regulamento de organización interna da Iniciativa Cidadá de Mugardos abrimos o procedemento de afiliación á mesma recollido no artigo 8 e disposición transitoria 2:

Artigo 8. Admisión.

A calidade de membro da Iniciativa Cidadá de Mugardos adquírese 
coa solicitude  da persoa interesada ante a Coordinadora Xeral, 
segundo o modelo establecido; aprobándose por acordo da maioría 
simple dos membros que asistan á seguinte Asamblea Xeral.

É condición indispensable para ser membro da Iniciativa Cidadá 
de Mugardos a aceptación do Código Ético e o presente Regulamento 
de Organización, e non ser membro doutras organizacións políticas 
que se presentan con candidaturas alternativas nas mesmas 
eleccións municipais.

Existirá na Iniciativa Cidadá de Mugardos o Libro de Rexistro de 
Afiliados/as, onde constarán os datos de altas e baixas 
definitivas.

Disposición transitoria 2.

As persoas asinantes do Manifiesto da Iniciativa Cidadá de Mugardos 
ata o 1 de abril de 2015, os membros da candidatura de ICM e membros 
da Coordinadora en funcións (xa disolta) e doadores ata o 24 de 
agosto de 2015 non terán que ser sometidas ó proceso de aprobación 
pola asemblea da súa afiliación, bastando coa súa solicitude 
presentada ante a Coordinadora Xeral.

Pensamos que non todo o mundo pode ou quere telo mesmo grao de implicación ou colaboración neste proxecto e queremos facilitar e desenrolar a participación de
todalas formas posibles, cremos que a afiliación é unha das mellores, corresponsabilizándose coa ICM, sen desbotar nengunha outra forma de participación.

Cremos nunha democracia directa, con espazos reais de decisión da cidadanía nos asuntos públicos, e traballamos para o cumprimento deste obxectivo.

Impreso de afiliacición: PDF

LogoDocumentos

Share