Xornada sobre a actuación na Fontegrande

curvas

Desde a Iniciativa Cidadá de Mugardos querémosvos convocar a unha Xornada de Debate para analizar o proxecto presentado pola Xunta de Galicia para a actuación nas curvas da Fontegrande, e ao mesmo tempo estudar os problemas derivados e as posibles solucións que desde a propia veciñanza están xurdindo.

A xornada levarase a cabo o mércores 20, as 20.00 horas no centro cívico municipal.

Share