Pleno do 23/12/15

SACAMOS Á LUZ INFORMACIÓN, O PLENO DENDE ICM;

PREGUNTAS PLENARIAS ICM:

Pregunta 1:
¿Cal é o motivo polo que o escrito dos veciños e veciñas de Rilo queixándose dos cheiros da Estación de Bombeo non foi levado a ningunha comisión? ¿Houbo resposta por parte do goberno no prazo correspondente? Se é así, ¿cal foi a contestación?
Resposta:
– Enviouse aos do Bombeo e non tivemos contestación da empresa.
* Pero contestouse ás veciñas e veciños no prazo dun mes como se ten que facer?
– Non

Pregunta 2:
¿Aínda non teñen todas as facturas da Festa do Marisco? ¿Canto foi o custe para as arcas do Concello a celebración desta Festa?
Resposta:
-Sí, xa as temos, amosarémolas na próxima comisión. O custe total aproximado é sobre 8.000 euros.

Por outra parte, na orde do día do pleno houbo (ademais de dar contas):
– A renuncia de Javier Dieste. UNANIMIDADE
– A desafectación da Escola Apelón. UNANIMIDADE
(ICM manifesta que sería bo que os grupos xa empezasen a falar do uso Cultural e Social que debe de ter este edificio.)
– Moción sobre o VIH. UNANIMIDADE

O goberno quixo meter como vía de urxencia dous puntos, os cales teñen que ser votados para que podan engadirse:
– A creación dun ficheiro de datos para Benestar.
(ICM abstívose xa que viña dunha comisión celebrada esa mesma mañá)
– Dar conta dunha resolución.
(ICM votou en contra da urxencia, esta resolución do 23 de Novembro, xa puido ir no pleno do mes anterior, non se levou, tampouco a ningunha das comisións que houbo, nin ía neste orde do día do pleno, e a meteron o día anterior de urxencia)

Iniciativa Cidadá de Mugardos non quere paralizar as cousas, quere traballar para melloralas, e o goberno leva dende fai tempo unha política de non presentar á maioría dos informes e dos datos solicitados, cando os presenta son a última hora, e recorre sempre ás presas para que a oposición non poida traballar.

Arquivo: Orde do día PDF

Share

Iniciativa Cidadá de Mugardos perante a dimisión de Javier García Dieste

Tras a anunciada dimisión de Javier García Dieste como concelleiro e portavoz do noso Grupo Municipal, desde Iniciativa Cidadá de Mugardos queremos manifestar o seguinte:

  • Reafirmamos o noso compromiso co Manifesto e o Programa de Goberno co que a nosa candidatura se presentou ás eleccións e acadou un respaldo popular maior do que ninguén agardaba.
  • Chegamos aquí coa proposta de abrir á participación cidadá o Concello de Mugardos. Para darlle voz á xente. Todo ese traballo está aínda por facer, mais a Iniciativa Cidadá de Mugardos reiniciou xa na asemblea deste mércores 16 a súa folla de rota e conta cun equipo de xente nova con gañas de comezar a traballar por Mugardos.
  • Os procesos abertos e plurais como o noso non están exentos de obstáculos que cómpre solucionar. É a nosa responsabilidade iniciar unha fonda reflexión sobre o que somos e o que debemos ser para dar resposta á confianza depositada en nós por 540 persoas deste municipio que nos converteron na terceira forza política.
  • É sobradamente coñecida a traxectoria de compromiso social de Javier García Dieste e a súa reputación como home progresista. Foi, ademais, un dos impulsores desta candidatura desde o comezo. Comprendemos o duro que puido ser para el tomar esta decisión, mais non podemos compartir a súas palabras. A nosa proposta política, definida nun Programa de Goberno nítido e valente debe volver ser a protagonista da nosa acción política. O que realmente afecta á veciñanza de Mugardos, e o que nos da a razón de ser.
  • Coa saída de Javier García Dieste tomará posesión César Pena Leira, cuarto na candidatura como resultado das primarias coa maior participación veciñal rexistradas en Galicia no 2015. Coa súa entrada o Grupo Municipal fará unha reestruturación para afrontar os tres anos e medio que restan de corporación e de cuxo resultado darémosvos conta.

Grupo Municipal de Iniciativa Cidadá de Mugardos

LogoDocumentos

Share