Moción sobre política educativa no concello

Javier García Dieste, como voceiro do grupo municipal de ICM ao abeiro da lexislación vixente presenta a seguinte moción para que se debata e aprobe, se procede, no próximo Pleno do Concello.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O IES Mugardos segue, por segundo ano consecutivo, sen formación profesional básica mentres “A Consellería de Educación concertará no curso 2015-2016 e 2016-2017 un total de 3.853 aulas de colexios e institutos privados. Son máis que o ano pasado xa que aínda que algunhas se suprimen, a implantación do segundo curso da formación profesional básica, con 19 unidades máis, deixa un saldo positivo.” segundo publica La Voz de Galicia.

A Consellería volve deixar ás poboacións de Ares e Mugardos, que suman arredor de 11.000 habitantes, sen ciclos formativos e sen formación profesional básica nos centros públicos.

Isto último é especialmente grave, xa que rapazas e rapaces de 15 anos en diante con un historial de fracaso escolar na ESO vense obrigados a tomar un, dous ou tres autobuses para poder cursar a formación profesional básica en centros da comarca. As bolsas de transporte do concello a duras penas cubrirán un par de meses os gastos que causan estes desprazamentos, por non falar dos gastos de manutención, xa que en moitas especialidades terán clases mañá e tarde.

Sigue lendo

Share

INICIATIVA contra a Violencia de Xénero

Iniciativa Cidadá de Mugardos quere amosar a súa absoluta repulsa e condolencia ante os últimos crimes que tiveron como vítimas a mulleres -e mesmo as súas fillas. Como organización política, ICM non permanece allea nin quere ficar en silencio ante a incesante realidade da violencia machista. Só no que vai de 2015, 31 mulleres foron asasinadas. Nin un só mes rematou sen mortas. Desde 2007 a suma acada as 567 aproximadamente, tendo en conta que as cifras oficiais do Goberno non inclúen no epígrafe “violencia de xénero” as vítimas non relacionadas directamente co agresor -como é o caso de Laura del Hoyo, que acompañou a súa amiga a recoller uns enseres a casa da súa ex parella, no recente crime de Cuenca-.

É rechamante que, ante semellantes cifras, non se teña activado desde as institucións públicas unha alerta similar á que se artella para outros delitos, mesmo con menor número de vítimas. Esta diferencia de trato reflexa a histórica invisibilización da violencia contra as mulleres, o seu relego a un problema persoal, mental ou doméstico, para non recoñecer que o xerme é cultural, educacional e social. O resultado é, en pleno século XXI, a prevalencia no imaxinario colectivo da lóxica do patriarcado rampante, cargado de clichés e razoamentos inasumibles, disfrazados ás veces baixo bromas supostamente amables, pero cun percorrido de tal calado que é asombrosamente asumido mesmo por moitas mulleres.

Sigue lendo

Share

Acta da asemblea do día 18 de xuño do 2015

Na asamblea celebrada con esta data e de acordó coa orde do día tratáronse os seguintes temas:

Previo o comenzó da asamblea Tomás propón invertir os puntos 1 e 2 da orde do día para tratar o punto 2 no primeiro lugar e o 1 despois.

Sometida esta proposta a votación, rexeitase por 16 votos en contra e 10 a favor.

  • Punto 1.1 Composición da Coordinadora Xeral (que terá un carácter transitorio).

    Estará composta por:

    • 1 Responsable de Tesourería.
    • 1 Coordinador Xeral (Proponse ao cabeza de lista).
    • 1 Responsable de Relacións Políticas.
    • 1 Vicecoordinador de Participación.
    • 1 Responsable de Comunicación.

    Sigue lendo

Share

Pleno sobre a organización e retribución do goberno municipal

Iniciativa Cidadá de Mugardos naceu da mesma visión da situación política que tantas outras iniciativas municipalistas que se dan en chamar “mareas”: a democratización e desprofesionalización da práctica política e a súa apertura á sociedade.

As persoas que representamos hoxe neste Pleno da Corporación a ICM somos un técnico de sistemas, un delineante e unha mestra. Esas son ou procuran ser as nosas principais fontes de ingresos e tentando compatibilizalas aceptamos a responsabilidade de representar á veciñanza de xeito temporal e nunca superior a 8 anos, como asumimos no noso Código Ético.

Os debates sobre a asignación económica dos membros da corporación préstanse sempre a discursos cun forte compoñente demagóxico. Nós, que somos unha organización nova carente de referentes propios, máis tamén descargada de lastres, afrontamos este debate coa intención de obter unha visión o máis ampla e contextualizada posible da situación en Mugardos e para iso quixemos estudar o que acontecía en concellos de tamaño similar, entre 5000 e 10000 habitantes e, por tanto, tamén 13 concelleiras/os.

sueldos

Este foi o resultado e as nosas conclusións:

Sigue lendo

Share

Petición de paso de peóns na Pedreira

Ante a perigosidade de cruzar a Rúa da Pedreira ó non existir ningún paso de peóns na súa extensión e perante o elevado número de vehículos que empregan esta, ICM solicitou por escrito hoxe, 3 de agosto do 2015, ó Concello de Mugardos que se habilite un paso de peóns debidamente sinalizado a altura da parada de autobús do transporte escolar antes de que comece o novo curso escolar.

Share

Petición de ampliación de información sobre as festas nas parroquias

Tras reunión con algún dos veciños de Mugardos chamóusenos a atención de que na información sobre as festas tan só consta a información sobre as festas no pobo e non sobre o resto de festas levadas a cabo nas parroquias.

Por este motivo e porque creemos que no Concello son tan importantes tódalas súas parroquias (Meá, Franza – O Seixo e San Xoán de Piñeiro) como Mugardos entregouse no Concello, o pasado xoves 30 de xullo, escrito no que solicita a inclusión da información sobre as festas das parroquias nos próximos boletíns publicados.

Share