Xornada de programa aberto

XornadaProgramaAberto

O próximo sábado 25 de abril as 18.00 h. realizaremos no Centro Cívico de Mugardos unha Xornada para o coñecemento, debate e posta en común da proposta municipal da Iniciativa Cidadá de Mugardos.

Na primeira parte do acto contaremos coa candidata á Alcaldía por Ames Novo, Pilar Candocia. Ames Novo, xunto con Iniciativa Cidadá de Mugardos, realizou un dos procesos de primarias de máis alta participación de Galicia e conta con serias opcións de acadar o apoio maioritario da poboación.

Na segunda parte catro especialistas en distintas áreas exporán as liñas básicas de actuación á hora de afrontar un goberno municipal.

Sigue lendo

Share

Acta da asamblea do 14 de abril

Lista candidatos completa

Reunidos en asemblea o día 14/04/2015 no Centro Cívico de Mugardos as 20:00 h. tratouse a seguinte orde do día:

  1. Remate da lista de candidatos (tema pendente: suplentes).
  2. Nomeamento de representante e promotor.
  3. Creación da tesourería e decisión do aporte como cota ou achega voluntaria.
  4. Tema do local social para a agrupación.
  5. Organización dunha comida para o día 18 do presente mes.
  6. Rogos e preguntas.

Sigue lendo

Share

Asamblea pública

Cartel Asamblea 14-04

O martes, 14 de abril ás 18:00 20:00 h. realizarase no Centro Cívico de Mugardos unha asamblea pública para tratar os seguintes puntos.

  1. Remate e aprobación (no seu caso) da Candidatura definitiva. Elección de suplentes.
  2. Nomeamento de Representante e Promotor.
  3. Creación da Tesourería e elección de tesoureiro. Determinación do sistema de cotas ou achegas, si procede.
  4. Tema do local social.
  5. Comida/recadación para o día 18.
  6. Rogos e preguntas.

Documento: Cartel en PDF.

Share

Acta da asamblea do 1 de abril

Reunidos en asamblea o día 01/04/2015 no Centro Cívico de Mugardos, e axustándonos a orde do día, os alí presentes acordaron os seguintes puntos:

  1. Con respecto a candidatura (en espera do remate do prazo de presentación de alegacións/impugnacións da lista saída do proceso de primarias no cal se decidiron os sete primeiros postos) os candidatos que irían a continuación e que se votaron en grupos de tres, serían:

    Primeiro grupo:

    • Vanesa Varela Espiñeira ………. posto 8.
    • Cristina Alonso Tizón ………. posto 9.
    • Diego Díaz Rodríguez ………. posto 10.

    Este grupo saiu elexido por 23 votos a favor e 1 abstencións.

    Segundo grupo:

    • Noa López Caldeiro ………. posto 11.
    • Pablo Robatto Rañales ………. posto 12.
    • Miguel Angel Díaz Vilar ………. posto 13.

    Este grupo saiu elexido por 22 votos a favor e 3 abstencións.

    Sigue lendo

Share

Entrevista ó candidato da Iniciativa Cidadá

J_Garcia

Hoxe (mercores 8 de abril) dentro do programa especial sobre as eleccións municipais de Cadena Dial – Rías Altas o periodista Raúl Salgado entrevistou a Javier García Dieste, candidato de Iniciativa Cidadá de Mugardos a alcadía de Mugardos.

Documento: arquivo en formato MP3 ou en OGG.

Share