Resultado das primarias abertas

lista

Onte (29 de marzo) remataou o proceso de primarias abertas co seguinte resultado oficioso, ata que remate o periodo de reclamacións o mercores (1 de abril).

A participación nas primarias foi do 68.28% sobre un censo de 186 persoas, é dicir rexistraronse 127 votos. Dos 127 votos oito foron nulos (6.30% do total) e non se rexistrou ningún voto en braco.
Sigue lendo

Share

Papeletas para as primarias

Papeleta

Hoxe (26 de marzo) comezamos coas votacións do proceso de primarias. Por iso poñemos a disposición de tódolos interesados a papeleta para imprimir na casa, aínda que tamén haberá papeletas dispoñibles na mesa de primarias.

Documento: Papeleta PDF.

Share

Horario e datas de votación para as primarias

As datas e os lugares para votar nas primarias son os seguintes, podéndose votar no lugar que máis cómodo resulte ó votante:

DATA PARROQUIA LUGAR HORARIO
26 Marzo San Xoán Local da A.A.V.V. 20:30 – 21:30
27 Marzo O Seixo Casino do Seixo 19:00 – 20:00
27 Marzo Franza Casino de Franza 20:30 – 21:30
28 Marzo Meá Local da A.A.V.V. 12:00 – 13:00
29 Marzo Mugardos Centro Cívico 11:00 – 13:00
18:00 – 20:30
mapa_primarias
Share

Calendario de primarias

calendario primarias

Calendario do proceso de primarias aberto na Iniciativa Cidadá de Mugardos.

Primarias

  • 11 a 19 de marzo: prazo de presentación de candidaturas para as primarias.
  • 20 de marzo: reclamación ás listas de candidatos.
  • 21 de marzo: presentación pública da lista de candidatos.
  • 22 a 25 de marzo: campaña pública de información dos candidatos.
  • 25 de marzo: última día de inscrición no censo electoral (firma do manifesto).
  • 26 a 29 de marzo: votación en urna:
    • 26 de marzo San Xóan.
    • 27 de marzo Franza.
    • 28 de marzo Meá.
    • 29 de marzo Mugardos.
  • 29 de marzo: resultados electorais das primarias.
  • 30 de marzo a 1 de abril: prazo de reclamación ós resultados.
  • 2 de abril: presentación pública da candidatura de Iniciativa Cidadá de Mugardos.

Están dispoñibles tanto o regulamento de primarias como o impreso para os candidatos que queiran presentarse ás primarias.

Share

Acta da asamblea do 5 de marzo

ACTA DA ASEMBLEA CELABRADA O DÍA 5/03/2015

ORDE DO DÍA:

1º Aprobación do punto 3.3, que quedou pendente, do Código Ético.

2º Elección da forma xurídicas.

3º Elección do Regulamento de Primarias.

4º Calendario.

5º Accions a acometer na próxima asemblea.

6º Rogos e preguntas.

Nº de asistentes: 30

Sigue lendo

Share