Acto: “O desafío Participativo”

A Coruña e Compostela son hoxe cidades construídas en común coa cidadanía. Procesos participativos para decidir onde invisten os concellos, para achegar os gobernos á veciñanza e as experiencias que xorden do día a día dun novo xeito de goberno serán as que protagonicen o primeiro acto dun novo curso político que iniciamos con folgos renovados.

Temos unha cita con vós este venres, ás 19:30!

Share

Un paso adiante na Festa do Polbo

A Festa do Polbo de Mugardos, declarada no 2009 de Interese Turístico de Galicia, non é unha festa do polbo máis. Non compite con Carballiño, nin se lle asemella ás de Bueu, Mos ou Porto do Son. A Festa do Polbo de Mugardos é a festa dun prato diferente, a festa do “polbo á mugardesa”.

O noso prato distínguese fundamentalmente por ser un guiso co seu rustrido de cebolas e pementos máis os cachelos. Ninguén dubida da fama internacional do polbo “á feira”, pero é ben seguro que a segunda receita de polbo máis popular da cociña galega é “á mugardesa”.

Para gozar do polbo á mugardesa no seu esplendor hai que visitar Mugardos, se ben é certo que sabemos dalgúns restaurantes polo mundo que tamén o locen na súa carta. Así é que temos no polbo á mugardesa a principal carta de presentación dunha vila coñecida fundamentalmente como destino gastronómico.

Un proxecto a longo prazo

Con tales ingredientes o seguinte paso era facer do “polbo á mugardesa” unha marca claramente recoñecible. Ser conscientes do feito diferencial e marcarse un obxectivo a
medio e longo prazo. A “Festa do Polbo de Mugardos” tiña que dar un paso á fronte e deixar de verse a si mesma como un día de festa para converterse na bandeira da restauración de Mugardos. No máis grande acto de promoción do noso produto, non para visitar Mugardos o segundo sábado de xullo, senón en calquera momento.

É ese enfoque estratéxico o que explica en boa medida os cambios na súa 27a edición. O protagonismo do noso prato en salóns gastronómicos, a identificación clara da Festa cos seus ingredientes (a diferenza de anos anteriores), o recoñecemento a nivel galego dos creadores da súa imaxe (Rei Zentolo seguiu o camiño explorado no 2015 con Xaquín Marín) a aposta decidida pola promoción dunha xoia musical como “Pulpo á mugardesa”, de Os Peregrinos, que xa forma parte para sempre do noso patrimonio cultural… e o cambio fundamental hoxe en boca de tanta xente: o cambio no seu formato.

Sigue lendo

Share

A Biblioteca que Mugardos merece

Logo do paso de nove corporacións municipais desde a chegada da democracia a Mugardos, a creación dunha nova e verdadeira Biblioteca Pública Municipal fíxose un dos temas centrais neste décimo mandato 2015-2019.

En Iniciativa Cidadá de Mugardos apostamos por ela xa no noso programa electoral, e cando en outubro do 2015 o Pleno debateu priorizar que a Guardia Civil ficase en Mugardos, ofrecéndolle incluso o edificio do Apelón, mantivémonos á marxe, xunto co BNG, porque malia preferir que ficase no Concello, non queriamos que fose cedendo un edificio que para nós era o lugar ideal para instalar a nova Biblioteca. Fomos minoría (8 fronte a 5).

Seis meses despois, en abril do 2016 tentamos, de novo xunto co BNG, que o Pleno se posicionase a favor de destinar o edificio do Apelón a Biblioteca e non a Guardia Civil. A nosa minoría volveuse ratificar, con só 5 votos a favor (ICM + BNG) e 7 en contra (PP + EU). O Apelón como “opción A” esvaíase.

Aínda conscientes da minoría á hora de levar a Biblioteca ao Apelón, cando EU, ICM e BNG chegamos a un acordo común para gobernar, a Biblioteca seguiu sendo unha prioridade, que se plasmou nun documento que procura facela realidade antes do 2019. En agosto EU, ICM e BNG asumimos o goberno e desde entón traballamos en poder dispor desa “opción B” que poida darlle a Mugardos a Biblioteca que leva décadas demandando. O Goberno Municipal solicitou un informe técnico dos requirimentos dunha nova Biblioteca á bibliotecaria municipal, e consultou cos redactores do novo PXOM as alternativas sobre as que seguimos traballando.

Sigue lendo

Share

O Veciñal – Número 1

Comprácenos achegarte o primeiro número do noso boletín “O Veciñal”, publicación que nace coa intención de ter unha periodicidade trimestral ou cando menos cuatrimestral, nestes días estamos na procura de deixalo no buzón de todos cantos veciños nos sexa posible, esperando acadar a comprensión de quen por algunha circunstancia non o reciba, nos disculpamos por adiantado. É por esto que o publicamos nas redes sociais e na nosa páxina web coa intención de que ninguén perda a oportunidade de ler o que para nos é un traballo especial que debulla o noso sentir do acontecido durante este último ano e o traballo desenvolto nel, esperamos que sexa do
voso agrado.

Lembrarvos que podedes estar informados en todo momento da nosa actividade se nos facilitades os vosos datos de contacto e correo electrónico mediante o enlace que
temos na nosa páxina web.

Share

Acto de Rendición de Contas

Temos o gusto de anunciar o Acto de Rendición de Contas co vindeiro venres día 3 de xuño, no Casino Progreso de Franza ás 20 h. a nosa compañeira e compañeiros Paula, Poche e César nos brindarán con motivo do primeiro ano da Iniciativa Cidadá de Mugardos no Concello. Esperamos pasar un rato agradable con eles contándonos o traballo desenvolto durante este tempo, os logros acadados, as dificultades atopadas, e os retos por conseguir. É sen dúbida o encontro público máis importante que celebramos
en este tempo transcorrido, polo que esperamos contar coa tua presenza e si é o caso contestar ás túas preguntas e escoitar as opinións das que queiras facernos partícipes.

IMG-20160526-WA0002

Share

Asemblea Xeral do 12/05/2016

Asemblea 12-05-16

Este próximo xoves 12 de maio realizarase unha Asemblea Xeral no Centro Cívico de Mugardos ás 20.00 h.h. coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación se procede da acta anterior.
  2. Aprobación se procede das solicitudes de afiliación.
  3. GES. Información da situación actual e futura.
  4. REGANOSA. Información da xuntanza dos Grupos Municipais coa A. de V.V. “O Cruceiro de Meá”.
  5. Programación do acto público de rendición de contas.
  6. Rogos e preguntas.

Cartel da asemblea: PDF

Share

Charla informativa ós nosos veciños

O domingo 8 de marzo no Casino Progreso de Franza ás 19:00 horas.

A idea é facer una reunión informal pra achegaros o que pretende este grupo de veciños.

Non é un mitin, tan só unha xuntanza na que poder explicar no que se traballa e por tanto resolverlles ós veciños todas as dúbidas do proxecto coma que poidan darnos as súas inquedanzas, ideas e puntos de vista.

Documentos: Cartel en PDF

Share