Petición de paso de peóns na Pedreira

Ante a perigosidade de cruzar a Rúa da Pedreira ó non existir ningún paso de peóns na súa extensión e perante o elevado número de vehículos que empregan esta, ICM solicitou por escrito hoxe, 3 de agosto do 2015, ó Concello de Mugardos que se habilite un paso de peóns debidamente sinalizado a altura da parada de autobús do transporte escolar antes de que comece o novo curso escolar.

Share

Petición de ampliación de información sobre as festas nas parroquias

Tras reunión con algún dos veciños de Mugardos chamóusenos a atención de que na información sobre as festas tan só consta a información sobre as festas no pobo e non sobre o resto de festas levadas a cabo nas parroquias.

Por este motivo e porque creemos que no Concello son tan importantes tódalas súas parroquias (Meá, Franza – O Seixo e San Xoán de Piñeiro) como Mugardos entregouse no Concello, o pasado xoves 30 de xullo, escrito no que solicita a inclusión da información sobre as festas das parroquias nos próximos boletíns publicados.

Share

Petición ó Concello de pagar a cuantía do convenio co Club do Mar e Galicia de Mugardos

Tras manter reunións cos presidentes do Club do Mar de Mugardos e da S.D.C. Galicia de Mugardos, na que se confirmou que aínda non foran recibidas as cantidades estipuladas nos correspondentes convenios establecidos entre o Concello de Mugardos e ditas entidades, ICM entregou onte (30/07/2015) no Concello un escrito no que se insta a este a facer efectiva estas cantidades económicas.

club_galicia

Segúndo o convenio firmado por ambas entidades o 50% da cuantía establecida en dito convenio debería facerse efectiva no momento da firma deste, é dicir o 11 de xuño de 2015, mentras que o outro 50% sería feito efectivo ó xustificar as actividades cubertas no obxecto do convenio.

Ante esta situación os dous clubs deportivos atópanse en situación económica precaria ó ter que facer fronte os gastos derivados da súa actividade deportiva sen os cartos comprometidos polo Concello de Mugardos.

Share

Petición modificación da orde do día da Xunta de Voceiros do 24 de xullo

O segundo punto da orde do día da Xunta de Voceiros do 24 de xullo de 2015 foi informar e posicionarse sobre a circular remitida pola FEMP sobre a privación de liberdade do alcalde de Caracas.

Vaia por diante que ICM non ten nada en contra do alcalde de Caracas. Se foi detido de xeito ilegal desexamos a súa pronta posta en liberdade, e se foi detido de xeito lexítimo , pedimos que sexa tratado de acordo ao estado de dereito.

O Partido Popular de Mugardos comeza o mandato indo moito máis aló do que hai só escasos meses criticaba na oposición. Non só trae ao Pleno da Corporación un asunto que nada ten que ver coas competencias municipais, senón que nin tan sequera atinxe ao Estado Español.

Iniciativa Cidadá de Mugardos non comprende por que esta cuestión, e non a pena de morte nos Estados Unidos, a ablación de clítoris nas mulleres en países subdesenvolvidos, a persecución da homosexualidade noutros, o golpe de estado na Ucraína e así unha sucesión interminable de asuntos de indubidable interese pero que non poden solucionarse no ámbito do concello.

Pregamos, por tanto, que o PP retire este asunto da orde do día e se absteña no futuro de desviar a dedicación deste Pleno da Corporación a asuntos que non lle competen.

Share

Solicitude inscricións de areais no rexistro de zonas de baño

zonas_banho

Un obxectivo prioritario de todo goberno ten que ser a saúde das persoas e a prevención de enfermidades. As praias de Mugardos son as únicas da ría que non están inscritas no censo de zonas de baño de Galicia. Iso significa que non hai controis periódicos sobre as súas augas. Non sabemos se a Bestarruza ou as calas do Castelo da Palma son aptas para o baño e a xente non ten información sobre aspectos que poden implicar un risco para a súa saúde.

Iniciativa Cidadá de Mugardos confirmou esta situación perante a Xunta e solicitou (o 4 de xullo) ao goberno municipal a inscrición dos areais como zonas de baño, achegándolle o formulario que a propia Consellería de Sanidade dispón publicamente. No caso de obter informe negativo sobre a calidade das augas os concellos están obrigados a indicar que non son aptas e os motivos e corrixir as situacións para unha posterior análise.

O Plan Municipal de Saúde que recolle o noso programa de goberno contempla o control sanitario (auga potable, contaminación, ruído e hixiene) en espazos públicos.

Share