Iniciativa Cidadá de Mugardos asina os Principios Básicos das Mareas En Común

Iniciativa Cidadá de Mugardos / Mareas

A asemblea da Iniciativa Cidadá de Mugardos acordou asinar os Principios Básicos das Mareas en Común, e apostar por un modelo de confluencia construído desde abaixo, no que teñan cabida todas as forzas do cambio e no que se exerza a radicalidade democrática. Por iso, participaremos na Marea Viva que, o vindeiro 7 de maio, iniciará os traballos para conseguir a unión das persoas, partidos, organizacións e movementos que desexen levar ás institucións galegas unhas políticas pensadas para a xente.

Iniciativa Cidadá de Mugardos traballa nas Mareas en Común, un proceso formado por iniciativas municipalistas das catro provincias galegas, que ten como obxectivo facilitar a construción dunha alternativa de cambio con posibilidades reais de gañar as próximas eleccións autonómicas, con forza e ilusión para devolverlle as institucións do país á xente común.

Así, cun protocolo de traballo no que todas teñen voz, a Marea Viva estará aberta a todas as persoas que asinen os Principios Básicos das Mareas en Común. Servirá para deseñar un proceso de primarias, un código ético para os cargos electos, un modelo organizativo e unha forma de goberno.

Os Principios Básicos de Mareas en Común son unha proposta que condensa os fíos de unión entre as forzas do cambio. Calquera persoa ou organización que se sinta representada neles pode asinalos a través da web:

http://mareasencomun.gal/principios/

Desde a ICM sumámonos a este proceso porque é tempo de que a xente común ocupe o espazo que lle corresponde na política institucional, porque abonda de gobernar para as contas de resultados das grandes empresas, porque é hora de traballar con honestidade para deter a privatización da sanidade e o deterioro da educación pública. É o momento de avanzar en común, polo que animamos á cidadanía a implicarse e asinar estes Principios Básicos.

Share

Solicitude inscricións de areais no rexistro de zonas de baño

zonas_banho

Un obxectivo prioritario de todo goberno ten que ser a saúde das persoas e a prevención de enfermidades. As praias de Mugardos son as únicas da ría que non están inscritas no censo de zonas de baño de Galicia. Iso significa que non hai controis periódicos sobre as súas augas. Non sabemos se a Bestarruza ou as calas do Castelo da Palma son aptas para o baño e a xente non ten información sobre aspectos que poden implicar un risco para a súa saúde.

Iniciativa Cidadá de Mugardos confirmou esta situación perante a Xunta e solicitou (o 4 de xullo) ao goberno municipal a inscrición dos areais como zonas de baño, achegándolle o formulario que a propia Consellería de Sanidade dispón publicamente. No caso de obter informe negativo sobre a calidade das augas os concellos están obrigados a indicar que non son aptas e os motivos e corrixir as situacións para unha posterior análise.

O Plan Municipal de Saúde que recolle o noso programa de goberno contempla o control sanitario (auga potable, contaminación, ruído e hixiene) en espazos públicos.

Share

Presentación do programa

presentacion

As persoas que formamos parte do proxecto participativo da Iniciativa Cidadá de Mugardos compracémonos de convidarte ao acto no que presentaremos as nosas “Propostas para un goberno en común co pobo”.

O acto levarase a cabo este próximo sábado. 16 de maio. no no Centro Cívico de Mugardos (rúa Contramaestre Casado número 5) as 18.30 horas.

Parece que non ten dipoñible un plugin para leerPDF. Pode descargar o arquivo aquí.

Documento: Programa en PDF.

Share

Asemblea: Enmendas ó programa e aprobación

Cartel Programa

O martes 5 de maio realizarase unha asemblea aberta co motivo fundamental de aprobar o programa realizado de forma colaborativo polos grupos de traballo coas distintas aportacións achegadas, tanto de compoñentes da iniciativa, simpatizantes ou xurdidas nas xornadas do pasado 25 de abril.

A asemblea convócase para as 19.30 h. e o lugar sera no Centro Cívico O lugar confirmarase o luns o mediodía. A orde do día será a seguinte:

  1. Notificación dos cambios da candidatura para cumprir a lei de paridade.
  2. Cambio dos administradores/tesoureiros.
  3. Límite ós donativos.
  4. Aprobación do programa (Para facer unha asemblea máis produtiva, lixeira e amena o programa non se lerá. Polo que é importante lelo con anterioridade e traer as dúbidas ou aportacións preparadas).
  5. Rogos e preguntas.

Documento: cartel en PDF.
Enlace: borrador do programa de goberno.

Share

Xornada de programa aberto

XornadaProgramaAberto

O próximo sábado 25 de abril as 18.00 h. realizaremos no Centro Cívico de Mugardos unha Xornada para o coñecemento, debate e posta en común da proposta municipal da Iniciativa Cidadá de Mugardos.

Na primeira parte do acto contaremos coa candidata á Alcaldía por Ames Novo, Pilar Candocia. Ames Novo, xunto con Iniciativa Cidadá de Mugardos, realizou un dos procesos de primarias de máis alta participación de Galicia e conta con serias opcións de acadar o apoio maioritario da poboación.

Na segunda parte catro especialistas en distintas áreas exporán as liñas básicas de actuación á hora de afrontar un goberno municipal.

Sigue lendo

Share