Iniciativa no Facebook

Anotación

Iniciativa no Facebook
4 days ago
Las atracciones irán a la zona do Merlo, «por seguridad»

🙉 O goberno leva meses tomando decisións unilaterais sobre as festas, sen escoitar a ninguén máis. Facendo informes a medida dos seus obxectivos. E agora, cando só falta un mes, a alcaldesa ... See more

La alcaldesa reta a cualquier concejal de la oposición a autorizar las barracas en el áreas portuaria, «eso sí, bajo su responsabilidad»

LIKE
LOVE
HAHA
WOW
SAD
ANGRY
5 days ago
Entrevista a Miguel Ángel Bastida en SER Ferrol (11/06/2018)

📻 Raúl Salgado entrevistou para a SER Ferrol ao voceiro do Grupo Municipal da Iniciativa Cidadá de Mugardos. Falaron da ampliación da área de rehabilitación, da reapertura do Castelo da ... See more

Escucha y descarga los episodios de Iniciativa Cidadá de Mugardos nos medios gratis. Raúl Salgado entrevista en SER Ferrol ao voceiro do Grupo Municipal da Iniciativa Cidadá de Mugardos, Miguel ... See more

LIKE
LOVE
HAHA
WOW
SAD
ANGRY
1 week ago
¿Fiestas en Mugardos sin atracciones?

O goberno debe falar claro. Se non quere atraccións no peirao, que explique o por que sen botar balóns fóra. Se as quere, que diga cantas collen. De momento, nin unha cousa nin a outra. ... See more

Los feriantes están dispuestos a movilizarse por la decisión del gobierno municipal de trasladar las barracas fuera del puerto y llevarlas a la zona de O Merlo

LIKE
LOVE
HAHA
WOW
SAD
ANGRY
1 week ago
Fotos da cronoloxía

🚨 A mina de Touro é un novo intento de concesión aos poderes económicos a costa da seguridade e benestar da veciñanza, facendo un macroatentado medio ambiental e destrozando o noso país. ... See more

LIKE
LOVE
HAHA
WOW
SAD
ANGRY
1 week ago
Comunicado conxunto das deputadas de En Marea, BNG e PSdeG en resposta a expresión “machista“ do presidente da Xunta Ana Pontón | En Marea

🤮 Acaso non teñen nada que dicir as mulleres do PPdeG perante o machismo do presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo?

As deputadas dos grupos parlamentares do BNG, En Marea e PSdG queremos expresar que nos sentimos indignadas, como mulleres, despois da expresión machista usada polo Presidente […]

LIKE
LOVE
HAHA
WOW
SAD
ANGRY
1 week ago
Fotos da publicación de Iniciativa Cidadá de Mugardos

🚶‍♀️🚶‍♂️ Esta tarde volvemos acompañar á xente do Comite Cidadá de Emerxencia na 12ª Marcha a pé Ferrol - Mugardos. Incorporámonos arredor das 18:00 á altura de Maniños para ... See more

LIKE
LOVE
HAHA
WOW
SAD
ANGRY
1 week ago

🤐 As nosas preguntas relacionadas coas TICs (dixitalización do rexistro de entrada, redes sociais, plataforma de información móbil) xa non merecen máis resposta do goberno que un “que buen ... See more

LIKE
LOVE
HAHA
WOW
SAD
ANGRY
2 weeks ago
Fotos da publicación de Iniciativa Cidadá de Mugardos

🏘 “Propoñemos incorporar á área de rehabilitación o lugar de A Redonda e ampliar a zona de O Seixo estendéndoa ata a ponte do Río Baa"

A zona declarada actualmente comprende os cascos ... See more

LIKE
LOVE
HAHA
WOW
SAD
ANGRY
3 weeks ago

🤨 O Pleno de onte deixounos momentos interesantes e podemos consideralo o inicio dunha nova fase de relacións políticas que marcarán o último ano de mandato. Repasámolos:

1. O Partido ... See more

LIKE
LOVE
HAHA
WOW
SAD
ANGRY
3 weeks ago
Elga Fernández Lamas

Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego pide que a xente se faga eco desta noticia.

No pleno que se celebrará este venres 25 (ás 19:00 horas), o Concello de Mugardos ten pensado ... See more

LIKE
LOVE
HAHA
WOW
SAD
ANGRY
« 1 of 3 »
Share

Asemblea 08-05-2018

Este mércores a Iniciativa Cidadá de Mugardos convoca a tódalas persoas inscritas a unha asemblea na que elixir unha nova equipa coordinadora tras cumprirse os 2 anos da actual. Ademais, trataremos a situación dos orzamentos participativos, as claves do seu bloqueo e o calendario de actividades que temos por diante.

Share

Sementamos políticas de futuro na área de Turismo

Mugardos é un dos municipios con maior potencial turístico das Rías Altas. Mentres que a maioría de concellos necesitan investir moitos cartos na súa imaxe exterior para atraer visitas, nós contamos cunha fama de serie de ser unha vila de “bo comer”. Pero o que en principio é unha virtude podería converterse nun problema se provocaba estancamento, porque Mugardos nin ten aínda consolidado un “produto turístico” como tal, nin estaba tendo presenza nos circuítos comerciais.

O nivel de desemprego en Mugardos (como no resto da comarca) fai que sexa moi importante aproveitar as oportunidades para ofrecerlle un futuro no municipio á mocidade. Xa desde a campaña electoral previa ás municipais ICM fixo fincapé nisto, en levar a “marca Mugardos” polas feiras de turismo, e por ter un plan a longo prazo para desenvolver o sector hosteleiro.

Comezamos a dar pasos cara a consolidación dunha marca propia (“Mugardos, o sabor do mar”) regulando o seu uso e lanzando novas propostas como o Metrominuto, que son tamén a aposta por un modelo urbano sostible que valorice a nosa fachada marítima. Desa mesma visión nacen as visitas guiadas polo peirao.

Sigue lendo

Share

Dimos un paso adiante na rehabilitación dos cascos antigos de O Seixo e Mugardos

Os cascos antigos de O Seixo e Mugardos están, aínda, entre os mellor preservados de Galicia, salvándose, en boa parte, dunha especulación urbanística que fixo desaparecer moitas das vivendas tradicionais nos pobos costeiros. O Seixo e Mugardos teñen a súa propia identidade. Rezouma, urbanisticamente, a historia mariñeira que teñen os dous núcleos.

A reapertura da Oficina de Rehabilitación de Mugardos, logo de máis de 3 anos pechada, é un paso importante para a rehabilitación e reurbanización destes dous cascos antigos. Un total de 115.000 € repercutirán nos proxectos da veciñanza, chegando ata os 11.000 € para cada vivenda.

Para conquerir esta reapertura traballamos en ICM desde a Concellería de Urbanismo, entre outras cousas, poñendo ao día o estudo dos inmobles que detectou 151 edificios en estado de conservación regular, malo ou moi malo. O diálogo coa Xunta de Galicia foi permanente para que a oficina fose unha realidade. Sabemos o complicado que pode ser que xa no primeiro ano se inicien grandes rehabilitacións, por iso é moi importante darlle continuidade e facer unha labor de futuro para que Mugardos e o Seixo recuperen a súa paisaxe urbana tradicional.

Sigue lendo

Share

Mugardos experimentou en ano e medio un grande impulso dos comedores escolares

Os comedores escolares serven a nais e pais para conciliar a súa vida laboral e familiar, ademais de axudar a moitas familias con dificultades sociais e económicas. Sen embargo, cada vez son máis as ANPAs do país que demandan un maior peso dos criterios educativos e o emprego de alimentos de tempada e proximidade á hora de contratar as empresas de cátering.

En xaneiro do 2016 ICM preguntaba en comisión ao goberno do PP polo borrador do prego de contratación do comedor escolar do CEIP Unión Mugardesa. A nosa intención era incorporar criterios educativos e de achegamento do servizo ás familias. Pero, tras informarnos que estaban ultimándoo, o que a concelleira Begoña Roldós presentou un mes despois en comisión foi un documento xa aprobado pola Xunta de Goberno, sen terse sometido nunca a debate, e que non recollía os criterios que nós pretendiamos.

Cando asumimos a área de Educación, en agosto do 2016, Mugardos contaba cun único comedor escolar de 58 prazas e dúas monitoras que daban de xantar e que tiña lista de agarda. Os obxectivos daquela eran levar o servizo tamén ao CEIP Santiago Apóstolo de Franza, amplialo aos almorzos –que axudarían especialmente a nais e pais que se incorporan ao posto de traballo máis cedo– e cumprir un ratio de 16 alumnas/os por monitora, na liña das demandas dalgunhas federacións de ANPAs. Precisábamos, para iso, aumentar o plantel de dúas a tres monitoras.

En menos de un mes desde a chegada do novo goberno, o Concello de Mugardos puido anunciar o servizo “Madrugamos!” para o comezo do curso 2016-2017. Durante o mesmo curso conseguimos ademais que a empresa concesionaria enviase tres monitoras. Conseguimos tamén reducir o número de conflitos entre o alumnado cun seguimento constante por parte da concelleira de Educación, que visitou case semanalmente o centro.

Ao mesmo tempo, comezaron as xestións para facer realidade o comedor de Franza, para o que se mantiveron conversas coa propia dirección do centro, a ANPA e o delegado territorial de Educación. Así, desde comezos do curso 2017-2018 o Santiago Apóstolo ten xa o seu propio comedor escolar con servizo de xantar de 20 prazas, o que tamén resolve a lista de agarda do Unión Mugardesa.

Sigue lendo

Share

Moito máis que a reforma do Mercado Municipal

En agosto do 2016 asumimos a xestión do Mercado Municipal de San Telmo co propósito de corrixir o seu lento declive das últimas décadas. Tiñamos claro que a perda de clientela tiña un transfondo que non se podía resolver con pequenos arranxos puntuais. A diferenza doutros casos nos que os edificios están case abandonados e presentan eivas graves, en Mugardos investiuse na última década preto de 500.000 € en múltiples reformas sen unha visión clara de futuro, pero que evitaron o deterioro estrutural. O que precisabamos era algo máis, era reconectar o Mercado coa hostalería, un dos piares económicos de Mugardos.

A propia Xunta publicaba meses antes o seu Plan de Mercados Excelentes de Galicia 2016-2020 no que marcaba a folla de rota para que as prazas de abastos e mercados atopasen o seu lugar nun contexto que xa non é o de hai 50 anos. A transformación pasa por un cambio de concepto, máis que por reformas materiais. Deixar de competir coas grandes cadeas de supermercados e atopar o seu propio espazo.

Tívose en conta a tódolos sectores involucrados

Así é como en xullo do 2017 o goberno municipal contrata o Plan de usos do Mercado de San Telmo. A partires de entón comeza un estudo detallado da súa situación, das súas necesidades, da visión que del teñen non só as praceiras, senón tamén a hostalería, agricultoras locais, a confraría de pescadores e mariscadoras e ata a propia clientela.
Segundo avanzaba o estudo as pezas comezaban a encaixar. A hostalería advertía da falta de oferta, da dificultade para mercar froitas, verduras ou marisco mugardeses. Mais recoñecía a importancia que ten hoxe en día na restauración o produto local. A confraría destacaba a alta calidade do seu marisco (ostra, ameixa e berberecho), mais a falta dunha depuradora fai que todo o produto se comercialice fóra. Rechamante era tamén a escasa produción da horta (apenas un produtor local), mais aí abríase unha xanela de oportunidade para o Ciclo Formativo de Agroxardinaría e Composicións Florais.

Sigue lendo

Share

Asemblea Xeral do 21 de novembro de 2017

Na asemblea celebrada hoxe, a Iniciativa Cidadá de Mugardos dou por roto o Acordo de Goberno do que formaba parte. A pesar de ter proxectos importantes en marcha, e outros que se van materializar nos próximos meses, a metodoloxía de traballo e de toma de decisións de forma unilateral por parte da alcadía, lévanos a tomar esta dura decisión.

A ilusión por dar un xiro na forma de facer política en Mugardos e implicar á veciñanza nas decisións que forman parte do presente e futuro da nosa vila, non ten cabida cos métodos da vella política, veuse co goberno de Juan Domingo Deus e nos últimos meses coas decisións internas e públicas de Pilar Díaz.

O camiño segue para Iniciativa Cidadá de Mugardos, e será traballando para que o noso proxecto de pobo sexa realidade. Proxectos como a rehabilitación do Cine Zárate, dos Cascos Antigos do Seixo e de Mugardos, un Mercado de Abastos totalmente renovado e a tan ansiada Participación Cidadá cuns primeiros Orzamentos Participativos pioneiros no noso Concello están xa listos para que sexan realidade.

Como xa demostrou ICM, tanto na oposición como no goberno, o noso proxecto político é propositivo. A posición política será de continua colaboración para chegar a consensos sempre que haxa vontade de diálogo.

En Mugardos, a 21 de novembro de 2017.

Share